martes, 14 de noviembre de 2017

VISITA Á BRIGADA CONTRA INCENDIOS


No polígono de Campiño os brigadistas explicáronnos polo miúdo o  traballo que fan para lograr a extinción dos lumes que como neste pasado verán asolaron os montes galegos e lusos. Non pararon de contestar ás nosas preguntas!!!


martes, 13 de junio de 2017

Coñecemos o Mercado Municipal

Carnes, peixes, verduras, queixos, flores!!!!,  No mercado coñecemos bo producto e mellores persoas que nos ensinaron os segredos da exposición, venda, procedencia , conservación dos alimentos.....

martes, 30 de mayo de 2017

Paseiño cara a praia fluvial do río Lérez

Chegan as vacacións de Semana Santa e dámoslles a benvida a estes días de descanso cun divertido paseo polo río Lérez ata a praia fluvial onde, logo de merendar, cubos e  pás enchéronse de tesouros , pedras, paus...e castelos, volcáns, pontes, bolas... invadiron a area.

Aprendemos Primeiros Auxilios

Bos días:

Os nenos e nenas do CEIP Praza de Barcelos disfrutaron dunha xornada de grande aprendizaxe.
Agora xa nos poden salvar a vida, cos seus novos coñecementos.
Alumnos e alumnas da Escola de Enfermería de Pontevedra fixéronnos unha demostración de técnicas básicas de primeiros auxilios.

martes, 23 de mayo de 2017

Conta un conto un contacontos, e ilustranos un ilustrador

Bos días:

Tivemos o honor de recibir no noso cole os autores do libro de Maruja Mallo, ilustrador e escritor, da colección de libros "Polo correo do vento", Mau e Pin, e dicir, Enrique Mauricio e Carlos Taboada.