martes, 30 de mayo de 2017

Paseiño cara a praia fluvial do río Lérez

Chegan as vacacións de Semana Santa e dámoslles a benvida a estes días de descanso cun divertido paseo polo río Lérez ata a praia fluvial onde, logo de merendar, cubos e  pás enchéronse de tesouros , pedras, paus...e castelos, volcáns, pontes, bolas... invadiron a area.

Aprendemos Primeiros Auxilios

Bos días:

Os nenos e nenas do CEIP Praza de Barcelos disfrutaron dunha xornada de grande aprendizaxe.
Agora xa nos poden salvar a vida, cos seus novos coñecementos.
Alumnos e alumnas da Escola de Enfermería de Pontevedra fixéronnos unha demostración de técnicas básicas de primeiros auxilios.

martes, 23 de mayo de 2017

Conta un conto un contacontos, e ilustranos un ilustrador

Bos días:

Tivemos o honor de recibir no noso cole os autores do libro de Maruja Mallo, ilustrador e escritor, da colección de libros "Polo correo do vento", Mau e Pin, e dicir, Enrique Mauricio e Carlos Taboada.

Carlos Casares. Día das Letras Galegas

Boas tardes:

As aulas de primeiro do CEIP Praza de Barcelos celebramos o Día das Letras Galegas, día 17 de maio, debuxando unhas pitas azuis, e uns galos de Barcelos, en homenaxe a Carlos Casares.

Estos fanse amigos e crean diversos contos.






domingo, 14 de mayo de 2017

Unha volta polo Museo do Mar

Bos días amigas e amigos.

Aqui vos mostramos unha viaxe que fixeron as nosas aulas ao Museo do Mar (Vigo).
Esperamos que vos guste.




Aprendimos moitas cousas novas e pasámolo de maravilla.